A Revista
Comeza a tempada do durián, un manxar para os asiáticos considerado en occidente a froita máis pestilente
Publicado o 27/04/2018 13:05
Detémonos agora en Tailandia onde desenvolven 4 xornadas de promoción do DURIÁN. Malia ser unha unha das froitas máis populares do sueste asiático, aquí en occidente, case non se comercializa polo seu pestilente olor.
Disque este froito que crece cuberto cunha coiraza de picos é realmente saudable e hai moreas de variedades que van desde o sabor doce ao picante.
En Tailandia estes días dispensan 10 toneladas de durián para degustacións públicas a baixo prezo, tentan promover o produto máis alá da China, o seu principal comprador. Alí é considerada a raíña das froitas pero segue sendo habitual encontrar carteis que prohiben entrar con duriáns en hoteis e transportes públicos por mor do cheiro. Algo que só parece importar por estes lares...