CRTVG

Buscar

Comeza a tempada de descontos cun tempo outonal que non invita a mercar

Publicado o 21/06/2021 14:32

O día oficial para que den comezo as rebaixas non é ata o 24 de xuño, moitos comercios decidiron comezar xa cos descontos para animar o consumo tras outro ano de perdas. Hoxe tamén comeza o verán pero polo tempo que nos ven acompañando nos últimos días ben se podería dicir que o que empeza é o outono, un tempo de chuvia e baixas temperaturas que non está animando aos consumidores. 

Polo momento, os primeiros descontos xa chegan ata o 50 % en algúns establecementos que optaron por adiantalos para tratar de salvar a campaña. O resto decidiu agardar ata finais de semana. As rebaixas de verán comezarán oficialmente este venres, aínda que a través de Internet poderemos gozalas mesmo antes.

Outro ano máis, tanto o pequeno comercio como as grandes firmas apostaron por comezar antes o período de descontos. 

 

Noticias web

21/06/2021