CRTVG

Buscar

Comeza a semana con máximas de 40º no interior da Península

Publicado o 22/07/2019 07:53

Comenzamos a semana con temperatuas moi elevadas en toda Galicia, Os termómetros acadarán os 30 graos en boa parte da comunidade, dando as máximas na provincia de Ourense e na bacía do Miño ao seu paso por Pontevedra, onde se superarán comodamente os 35 graos.

Pero non será na nosa comunidade onde se rexitren as máximas; os termómetros rozarán os 40º ou incluso serán superados en Madrid, Estremadura, Andalucía, Navarra ou Aragón. Nestas comunidades o aviso por altas temperaturas elévase a laranxa.

A situación de calor abafante repetirase no interior da Península, polo menos, ata o mércores. Galicia permanecerá con temperaturas máis suaves. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/07/2019