CRTVG

Buscar

Comeza a sega do cereal de inverno na Limia

Publicado o 05/08/2019 17:34

Sen apenas descanso traballan estes días as máquinas de colleita na Limia dende que comezaron os labores da sega do cereal de inverno.

Agardan unha boa colleita despois de varios anos consecutivos en que a chuvia e os asolagamentos causaron importantes perdas no cereal.

A colleita do cereal de inverno comezou con interrupcións por mor da climatoloxía variable deste verán, pero vai adiante con boas perspectivas.

En apenas quince días comezará tamén a sega do cereal de primavera.

Noticias web

05/08/2019