CRTVG

Buscar

A Revista

Comeza 'A Revista'

Publicado o 06/10/2017 12:34

Estamos a venres 6 de outubro. Enseguida lles damos a última hora sobre Cataluña, pero déixenme contarlles antes parte das moitas cousas que imos ter hoxe no programa. Coñeceremos esta mañá unha nova palabra 'NEtiqueta'. As boas maneiras e as boas formas e a educación serven para o mesmo na vida real que en Internet. Unha especialista en comunicación e protocolo falaramos das vantaxes e os perigos de saber ou non saber comunicarse cos demais na Rede. Tamén virá Octavio Villazala a presentarnos un novo animal: hoxe toca o galo inglés combatente! E iremos á feira do marisco no Grove, ata as xornadas de carne de boi de Allariz e a Lugo para vivir máis a fondo o San Froilán.

Todo isto e moito máis, pero antes, como lles dicía, imos coa última hora e a situación nestes momentos con respecto ao tema catalán.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

06/10/2017