CRTVG

Buscar

O empresario portugués acusado de tentar matar a súa muller en Vigo reitera que ela lle atacou primeiro e el defendeuse

Publicado o 28/01/2020 14:33

Na primeira xornada do xuízo que se repite na Audiencia de Pontevedra prestaron declaración o acusado e a súa suposta vítima. Os dous repetiron a mesma version que mantiveran na vista que quedou anulada. Versións totalmente contraditorias.

Carlos Inacio Pinto sostén que foi a súa parella quen o atacou cunha maza no cuarto do hotel de Vigo onde sucederon os feitos. Dixo que puido defenderse porque veu a intención da muller polo espello do baño. Explicou que foi nun forcexo posterior cando ela se golpeou varias veces na cabeza contra a bañeira e contra o marco dunha porta. Finalmente, segundo a versión do acusado, pediu auxilio no corredor do hotel, a onde a mulller tamén saíu coa maza nas mans. Carlos Inácio Pinto manifestou que pola súa formacion militar, se quixese, podería matar a súa muller, pero que en ningun caso foi a súa intención.

Nada que ver a versión do acusado coa da súa suposta vitima, que solicitou declarar tras un biombo para evitar o contacto visual. A muller explicou que a agrediu por sorpresa e, aproveitando que estaba de costas, propinoulle un forte golpe na base do cranio. Dixo que o acusado seguiu golpeándoa cunha ferramenta e posteriormente agarrouna coas mans e bateu a súa cabeza contra o chan. A muller tivo que deter en varias ocasions o seu relato, entre bágoas e moi nerviosa.

Explicou que conseguiu zafarse do seu agresor e pedir axuda ao persoal do hotel. Dixo que temeu pola súa vida e que non recorda como lle quitou a maza ao acusado para o que a Fiscalía solicita doce anos de prisión por un suposto delito de tentativa de homicidio coa agravente de parentesco, ademais dunha orde de afastamento e unha indemnizacion para a vitima por secuelas física e psicolóxicas. A vista retomarase o próximo xoves.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/01/2020