CRTVG

Buscar

Comeza a remitir a vaga de calor que bateu récords en case toda España

Publicado o 01/07/2019 13:38

Aquí en Galicia non o chegamos a notar, mais xa comeza a remitir a vaga de calor que bateu récords en case toda España. Polo momento aínda son 12 as provincias que seguen en alerta.

Dous falecidos e temperaturas récord de máis de 42 graos é o que deixa unha vaga de calor que xa comeza a debilitarse por toda España. Unhas temperaturas excesivas que os expertos relacionan coa crise climática.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía, as temperaturas seguirán baixando, sobre todo no norte, cun descenso de entre seis e dez graos. Continúan en alerta laranxa, o segundo dos tres graos de gravidade, Aragón e Lleida. Mantéñense en amarelo Málaga, Albacete, Cuenca, Guadalaxara, Barcelona, Girona, Madrid e Baleares. Temperaturas próximas aos 40 graos persisten nas proximidades do río Ebro e en Baleares.

Noutro lugar bastante diferente está Galicia e a costa cantábrica, xa que, segundo a previsión, nos próximos días continuarán os ceos nubrados e os chubascos febles, especialmente en zonas montañosas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/07/2019