CRTVG

Buscar

Comeza a recollida do mel do país, polo que se chega a pagar ata a 20 euros na China

Publicado o 23/05/2019 13:41

En Galicia hai 170.000 colmeas, pero podería haber o triplo, hai mercado para elas. O noso mel, que xa se empeza a recoller en zonas das Rías Baixas, é moi apreciado en Galicia, pero tamén no resto do mundo, chegándose a pagar a vinte euros o quilo no mercado chinés.

A campaña deste ano prevese extraordinaria, a produción podería triplicar a da 2018, que foi moi mal ano.

Hai un mel para cada padal, o de eucalipto ten moita aceptación, pero tamén o de silva, o de castiñeiro ou o de breixo. Cada un é axeitado para unha ocasión.

A recollida do mel comeza agora e prolongarase ata finais de xullo, sobre todo nas zonas de interior. A expansión da apicultura ten dous atrancos, o avance da velutina e o minifundio galego, que dificulta a implantación das colmeas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/05/2019