CRTVG

Buscar

Comeza a reapertura de hoteis en Compostela

Publicado o 09/06/2020 15:44

Nesta época, o ano pasado os hoteis en Santiago tiñan unha ocupación de case un 78%. Este ano a maioría están pechados. Accedemos a este hotel con encanto pola terraza. Grazas a este espazo, José Antonio puido abrir un dos tres hoteis que dirixe na cidade.

En maio e xuño o hotel rozaría o 100% da ocupación, na súa maioria de clientes estranxeiros que este ano anularon as súas reservas. Só catro cuartos están ocupados. A isto hai que engadirlle as limitacións de movemento da desescalada.

O verán cambiará as cousas, pero agora as 15.000 prazas hoteleiras da cidade están en mínimos. Nin turismo, nin peregrinos e coa maioría dos traballadores afectados por un ERTE, as contas aínda non dan. Isabel decidiu esperar para abrir o seu hotel boutique.

Xa teñen reservas para xullo e, como din eles, o importante é que os proxectos e as ilusións sigan cara a diante. A temporada vai ser dura, pero confían que nun prazo dun ano volvan á normalidade.

Noticias web

09/06/2020