Comeza a probarse en animais a vacina intranasal que desenvolven investigadores do CSIC
O Centro Superior de Investigacións Científicas traballa contra o reloxo nunha vacina innovadora que podería inocularse de forma intranasal.
"Ten a vantaxe de que activa a inmunidade especial de mucosas, na porta de entrada do virus, nas vías respiratorias, e fai que a protección sexa completa, esterilizante, e protexa non só da enfermidade, senón da transmisión do virus", explica Isabel Sola, viróloga do CSIC e unha das científicas que lidera a investigación desta vacina.
Aplicaríase mediante un spray, incorpora diversos compoñentes do virus que previsiblemente a farán cen por cento eficaz, e ademais é autoamplificable, como explica Sola: "É unha vacina tamén de RNA como a de Pfizer ou Moderna, pero ten unha maquinaria para multiplicarse a si mesmo, aínda que poñamos unha dose pequena dentro das células, pódese multiplicar e aumentar esa dose".
Polo que aumenta tamén a inmunidade fronte ao virus. Ademais esta vacina pioneira incorpora protección fronte ás variantes británica, brasileira e surafricana. Nos vindeiros días comezan a probala en ratos humanizados e esperan ter avanzados os ensaios clínicos en humanos no último trimestre do ano.