Comeza a loita polo ascenso para o Breogán e o Leyma Coruña
A LEB Ouro comeza a súa segunda fase. Breogán e Basquet Coruña pelexan dende esta fin de semana polo ascenso. Serán 10 xornadas e uns playoff entre os mellores equipos e téñense en conta os resultados dos enfrontamentos entre eles na primeira fase. Os lugueses reciben o sábado ao Covirán Granada, terceiro clasificado. O Breogán parte coma líder e coma claro favorito nunha segunda fase na que o cansazo pode ser clave
"Quizais na segunda fase as viaxes van ser moi longas, para nós e para os rivais. Coido que a nosa viaxe máis curta son 890 quilómetros"
A dúas vitorias do Breogán sitúase o Basquet Coruña. O seu primeiro rival será o Palma. Os coruñeses non renuncian a nada pero teñen claro quen é o favorito
"O Breogán é probablemente o mellor equipo da competición, ademais de polo nivel dos seus xogadores e adestradores parten cun aspecto diferencial respecto aos demais que é que ten 7 xogadores coa experiencia de ascender"
Poderán seguir a estrea do gran favorito, o Breogán, ante o Granada, o sábado a través da nosa segunda canle