Comeza a Liga Galega de traíñas coa bandeira de Mera
Publicado o 28/06/2019 20:30
Comeza a temporada galega de traiñeiras. Esta fin de semana arranca a Liga. O ano pasado rematou con vitoria do Meira, campión tamén o anterior. Mañá sábado pistoletazo de saída da nova campaña. Sexta Bandeira Baía de Mera. Ares, Tirán, Meira, Mecos e Bueu parten como favoritos para conquistar a liga galega. Para 'Pendo, adestrador do Centro Deportivo Mariñeiro de Mera, "e unha das ligas galegas máis bonitas dos últimos anos, no sentido de que hai moita xente pelexando polos primeiros postos. Creo que hai un nivel. Desde o meu punto de vista, a tripulación que gañe este ano a Liga Galega ten serias posibilidades de ascender á Liga ACT."