CRTVG

Buscar

Comeza a LEB Ouro con tres partidos na G2

Publicado o 28/09/2019 13:53

Hoxe veremos o Almansa - COB e o Castelló - Breogán e mañá o Leyma - Lleida

A temporada 19-20 na LEB Ouro preséntase como unha das máis abertas da historia. Máis equipos ca nunca aparecen como candidatos ao ascenso. Os galegos tentarán estar entre os mellores. O COB conseguiuno o ano pasado e esta temporada buscará repetir da man do seu guía nos bancos Gonzalo García de Vitoria.

Comeza a súa andaina nun escenario inédito, a cancha dun Almansa quie chega á LEB ouro logo de tres ascensos en tres anos. Tamén se estrea hoxe o Leite Rio Breogán. Exhibe a súa vitola de favorito na pista do Castellón. Diego Epifanio, que xa sabe o que ascender co Burgos, buscará repetir o éxito ao mando dos celestes.

É tempo de novos proxectos e un dos máis renovados é o do Leyma Coruña. Sergio García estrease no banco coruñés, un home que xa foi campión de liga co Palencia. Unha garantía para un Leyma comeza o exercicio en Riazor recibindo ao Lleida.

Noticias web

28/09/2019