CRTVG

Buscar

Comeza a investigación das causas do derrubamento

Publicado o 13/08/2018 14:44

Segundo o convenio asinado entre o Concello de Vigo e a Autoridade Portuaria e a Zona Franca no ano 1992, corresponde á administración municipal o mantemento da zona. 

Ese convenio, ao que tivo acceso a Televisión de Galicia, di no punto sexto que lle corresponde ao Concello durante os 50 anos de vixencia ter o lugar en bo estado de conservación e o mantemento de xardíns, mobiliario, asfaltado, conservación dos tuneis e a vixilancia.

Desde a organización do Marisquiño aseguran que en ningún momento se superou a capacidade permitida do evento, e máis sendo o domingo o día de menor afluencia de público. Ademais aseguran que son as administracións as que ao darlles os permisos garanten que o recinto é seguro.

 

Noticias web

13/08/2018