CRTVG

Buscar

A Revista

Comeza a gravarse unha nova serie para TVG: "Casa Manola"

Publicado o 04/04/2014 12:36

Comezou a gravación dunha nova serie para a Televisión de Galicia: "Casa Manola".

Trátase dunha serie para toda a familia con forma de comedia costumista. Está protagonizada por Isabel Blanco e os Mofa e Befa, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira.

A produtora Filmanova, responsable doutras series que vimos aquí, como "Os Atlánticos" ou "Cuarto sen ascensor" comezou a gravala na vila de Betanzos e nos seus arredores. A primeira entrega será de 6 capítulos dunha hora de duración.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

04/04/2014