CRTVG

Buscar

Os Estados Unidos comezan a maior campaña de vacinación da súa historia

Publicado o 13/12/2020 19:43

Aplausos para despedir os primeiros camións de repartimento urxente que saíron este domingo da planta da farmacéutica Pfizer, en Míchigan, cos primeiros colectores de vacinas contra a covid−19.

Un xeneral do exército é o xefe desta operación, que bautizaron co significativo nome de "Máis rápido ca a luz", xa que as vacinas teñen que estar a temperaturas ultrafrías durante todo o traxecto.

As primeiras chegan este luns pola mañá a 145 dos 600 puntos de vacinación establecidos para cubrir todo o país. De momento, saen tres millóns de doses desta e doutra planta en Wisconsin, pero o Goberno confía en que a produción e a distribución continúe ao mesmo ritmo para poder administrar ata final de ano 40 millóns de doses que servirán para inmunizar polo menos 20 millóns de persoas.

As residencias de anciáns e o persoal sanitario serán os primeiros en recibir esta vacina que obriga a inxectarse dúas veces en tres semanas.

Noticias web

13/12/2020