CRTVG

Buscar

Comeza a funcionar un segundo covid-auto na área sanitaria de Vigo

Publicado o 21/09/2020 14:49

A área sanitaria de Vigo quere evitar a saturación do sistema para facer test desde o coche, o chamado covid-auto. Así que puxo en marcha unha carpa máis para facer probas, no hospital Álvaro Cunqueiro.

Esta nova carpa súmase á que xa estaba instalada no Meixoeiro que, por certo, foi a primeira de España. Entre as dúas teñen agora capacidade para atender entre 1.300 e 1.400 pacientes ao día. E nas últimas xornadas estase observando un cambio no perfil das persoas que veñen facer a PCR que son, cada vez máis, menores en idade escolar.

Cambiar un moco por unha lambetada. É o que fan as enfermeiras do covid-auto do Hospital Álvaro Cunqueiro. Novos métodos para facer sentir cómodos os pequenos, que empezan xa ser xa un dos perfís máis habituais dos que se achegan a extraer mostras para as PCR.

A nova carpa do covid-auto resolve os problemas de saturación da instalada en marzo no Meixoeiro e está preparada para atender picos de demanda de ata 1.400 pacientes ao día.

Antonio Rodríguez, o supervisor do covid-auto de Vigo explica que é un método moi cómodo porque completar a toma da mostra non leva máis de catro minutos.

As probas constrastadas despois nos propios laboratorios de microobioloxía dos hospitais públicos están listas en 24 horas.

Noticias web

21/09/2020