CRTVG

Buscar

Comeza a funcionar o servizo de autobuses para coñecer o mosteiro de Santa Cristina na Ribeira Sacra

Publicado o 27/07/2021 22:27

Habilitado un autobús que desde este domingo vai funcionar todos os días da semana para trasladar os turistas que veñan a visitar o mosteiro románico de Santa Cristina de Ribas de Sil. A medida é impulsada polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra en colaboración coa Xunta de Galicia para reducir a masificación de coches privados na zona. Entre outras autoridades, no acto de presentación estivo o vicepresidente primeiro Alfonso Rueda.

Milleiros de visitantes chegan cada ano ata este lugar para coñecer esta xoia do románico galego. A medida para protexer a contorna é ben acollida polos visitantes.

A posta en funcionamento deste transporte público servirá de modelo para o futuro plan de mobilidade da Ribeira Sacra que se vai redactar nos vindeiros meses. Unha aposta polo turismo sostible nunha zona de gran valor ecolóxico e cultural.

Noticias web

27/07/2021