CRTVG

Buscar

Comezan a funcionar en Ourense as paradas antiacoso de autobús urbano

Publicado o 07/12/2018 08:50

Como xa ocorre noutras cidades galegas, mañá comezan a funcionar en Ourense as paradas antiacoso do bus urbano. O servizo permite que as mulleres poidan pedirlle ao condutor que as deixe baixar fóra das paradas habituais da noite para garantir a súa seguridade. Funcionará os venres das once da noite ás seis e media da mañá, e os sábados e vésperas de festivos entre as once e as sete. As usuarias terán que avisar o condutor ao subir ao autobús e o chofer vixiará que a usuaria chegue ao seu destino sen problemas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2018