Comeza a Festa Normanda de Foz
Publicado o 30/08/2019 21:23
A vila de Foz celebra esta fin de semana a súa Festa Normanda. Nela haberá un desembarco viquingo, onde os guerreiros do norte se enfrontarán aos focegos.
Nesta Festa Normanda de Foz, a vila mariñá rememora esta fin de semana os tempos dos ataques viquingos a estas costas.
Trátase, por tanto, dunha festa de recreación histórica que conta cun campamento normando, un mercado medieval e mais actividades de animación. Tamén se representará un ataque por parte da frota viquinga e mailo Milagre de san Gonzalo, unha lenda que conta como o santo afundiu os barcos dos homes do norte.