Comeza a Feira do Viño do Ribeiro en Ribadavia con case 40 expositores
Publicado o 03/05/2019 22:23
Os amantes do viño teñen unha cita hoxe en Ribadavia co arranque da edición número 56 da Feira do Viño do Ribeiro. Case 40 expositores participarán nesta cita vitícola, todo un clásico nesta comarca ourensá, que terá lugar ata o 5 de maio. A Feira do Viño do Ribeiro aposta por un evento onde a gastronomía e o turismo teñan tamén o seu punto de encontro. Ademais haberá actividades como obradoiros de cociña ou visitas guiadas. Tampouco faltará a música para amenizar esta feira que se inaugurou esta tarde coa presenza do conselleiro e da directora xeral de Turismo, Nava Castro. A Denominación de Orixen Ribeiro é a máis antiga de Galicia cunha antigüidade que se remonta ao ano 1932.