CRTVG

Buscar

Comeza a Feira do Viño de Chantada

Publicado o 06/03/2020 21:34

Xa son 38 anos de historia para unha feira que homenaxea os viños da Ribeira Sacra, xa que están incluídos na súa denominación de orixe. Os expositores dos adegueiros abríronse ás 8 da tarde e a partir de agora haberá unha morea de actividades. Amais das tradicionais actuacións musicais, o domingo a mediodía lerase o pregón. Son 14 as adegas que participan este ano e a principal novidade o túnel de viño para profesionais do sector. Así pois, é un bo momento para achegarse aquí, ao centro de Galicia, para gozar dos caldos e da Ribeira Sacra.
 

Noticias web

06/03/2020