CRTVG

Buscar

Comeza a feira do metal en Vigo, que reúne 160 empresas de todo o mundo

Publicado o 14/09/2021 16:37

A automoción é protagonista tamén da Feira Internacional do Metal que se acaba de inaugurar en Vigo. Alí poden verse as últimas tecnoloxías deste sector que prové as industrias do automóbil, a aeroespacial, a construción ou as enerxías renovables.

160 empresas de Portugal, México ou Colombia e, por suposto, Galicia comparten en Vigo as últimas teconoloxías en vehículos e mobilidade do futuro, robotización de fábricas, conectividade 5G ou aeronáutica, sectores todos do metal, que representa o 20 % do noso PIB. Os organizadores din que facer unha feira presencial é imprescindible para a industria porque as reunións cara a cara axudan os investimentos internacionais.

Na inauguración do evento, Alberto Núñez Feijóo destacou que nos últimos dous anos as empresas galegas recibiron 115 millóns de euros á dixitalización e instou a usar os fondos europeos para seguir modernizando a industria.

En Galicia, o sector do metal emprega 57.000 persoas de 4.000 empresas.

Noticias web

14/09/2021