CRTVG

Buscar

Comeza a evacuación en Guta Oriental, da que xa conseguiron saír 110 civís

Publicado o 14/03/2018 08:57

En Siria, evacuación de civís de Guta Oriental, o principal feudo opositor nas aforas da capital, Damasco. Segundo a televisión oficial siria, un total de 110 civís, entre eles feridos, saíron en tres tandas de autobuses a través do corredor humanitario habilitado no campo de refuxiados palestinos de Al Wafidín. Esta evacuación prodúcese en aplicación dun acordo entre Rusia e unha das faccións islamistas que operan nesta zona da periferia de Damasco que é obxectivo dunha ofensiva gobernamental.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2018