CRTVG

Buscar

Comeza a evacuación do Diamond Princess, con 450 casos de coronavirus

Publicado o 17/02/2020 20:15

O transatlántico Diamond Princesss leva dúas semanas ancorado no porto xaponés de Yokohama porque un dos seus 3.700 pasaxeiros deu positivo ao desembarcar en Hong Kong. Agora é considerado o lugar máis perigoso do mundo para contaxiarse fóra da China. Chegaron a contabilizar cen casos diarios. Así que este luns comezou a bordo unha evacuación de grandes proporcións.

Os 300 pasaxeiros estadounidenses xa aterraron en California. 14 deles están infectados e pasaran alí a corentena. Australia, O Canadá ou Italia preparan a evacuación dos seus. Hai persoas dunhas cincuenta nacionalidades.

A China continúa, mentres, loitando contra o reloxo para conter o contaxio. Hoxe decretou novas restricións de movemento a 24 millóns de persoas máis na provincia de Hubei, onde se orixinou a epidemia. Só unha persoa por familia poderá saír da casa cada tres días para comprar alimentos e artigos esenciais. As últimas cifras confirmadas elevan a 1.770 o número de falecidos e a 70.500 os contaxiados.

Noticias web

17/02/2020