CRTVG

Buscar

Comeza a era Pep Martí para o Deportivo

Publicado o 13/04/2019 14:31

Nove partidos. Iso é o que ten por díante Pep Martí, que inicia a súa andaina no banco do Deportivo no escenario máís complicado posible. No Sadar agarda esta tarde o líder, un Osasuna invicto como local. O novo adestrador brancoazul explicou que o seu equipo vai Intentar ir polo partido, gañar o partido e lograr os tres puntos, ser ambiciosos e ser valentes. E principalmente ser protagonistas co balón, porque o equipo está diseñado para iso, para ter o balón. Haberá momentos nos que non o teña. E cando non o teña, intentar recuperalo o antes posible. Pero sobre todo, ser un equipo moi ordenado, moi equilibrado e cunha mentalidade moi clara, valente e ambiciosa de ir polo partido e intentar gañalo.

Con baixas importantes, como a de Carlos Fernández, e novidades na convocatoria como Dubarbier ou Mosquera, o Deportivo afronta un choque no que buscará acabar coa xeira de sete encontros consecutivos sen gañar. Queda tempo e o obxectivo do ascenso é irrenunciable e así o entende Martí, que dí que teñen o potencial para conseguir ese obxectivo  e que imos loitar por ese obxectivo. E ogallá sexa así na última xornada e se non por outro mecanismo.

Por certo, que unha volta enteira despóis, o técnico de Osasuna segue pensando o mesmo sobre o Deportivo. Arrasate ten clarísimo que o once que vai sacar o Deportivo é boísimo e pensa que é o mellor plantel do campionato.

Pois veremos se o Deportivo pode demostrar esa condición.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/04/2019