CRTVG

Buscar

Comeza a época máis activa e perigosa das 'velutinas'

Publicado o 22/09/2020 19:41

Coa chegada da diapausa, o período de hibernación da avespa asiática, os niños desta especie invasora medran de xeito considerable e poden acadar un diámetro mesmo superior a un metro. No seu interior, milleiros de exemplares traballan para que as raíñas teñan alimento suficiente para os vindeiros meses.

Din os expertos que os ataques que protagonizan as 'velutinas' non se deben a que sexa unha especie agresiva, senón a que aprecian algún perigo próximo que lles fai saír en grupo para protexer o niño.

Por iso nesta época en que comeza a hibernación recoméndase especial precaución á hora de realizar labores de limpeza no monte. Tamén para a xente que traballa nas colmeas, na vendima ou nas zonas de froiteiras, xa que son algunhas das zonas preferidas da 'velutina' para alimentarse.

Noticias web

22/09/2020