CRTVG

Buscar

Comeza a desescalada nas residencias de maiores

Publicado o 25/02/2021 14:33

Con 180 internos, a das Gándaras é a principal residencia de maiores da provincia de Lugo. Todos eles, e outros tantos traballadores, recibiron a segunda dose da vacina contra o coronavirus hai máis de dez días, polo que xa poden comezar a desescalada.

De entrada, os residentes poderán recibir ata tres visitas semanais dunha hora por parte de dúas persoas diferentes.

Francisco Javier Vázquez, director da residencia de maiores das Gándaras, cóntanos que dende hai uns días poden recibir tres visitas por residente, con dúas persoas de referencia. "Antes só podían recibir unha visita á semana, pero cunha persoa de referencia", asegura.

Unha residente cóntanos que desde que está no centro non viu a súa filla, pero si o neto. "Tamén me valeu, pero é mellor así", di. 

"Miña nai pensaba que só tiña unha filla ultimamente", asegúranos Rosario nunha das visitas á residencia.

Dende hai xa catro meses, os maiores deben permanecer no interior da residencia. Esperan, por tanto, que proximamente poidan saír de novo á rúa.

"Iso é o que quería eu, saír a andar un pouco e ir a Lugo unha vez ou dúas", explica un residente, que nos comenta de paso as xestións que debe realizar.

Pilar Boyero, técnica de animación da residencia das Gándaras, constata que os maiores desexan saír o antes posible: "Eles din que xa cumpriron con todos os requisitos que se lles pediu".

A pesar de ser a segunda maior residencia da terceira idade de toda Galicia, ningún residente das Gándaras resultou infectado en toda a pandemia.

 

Noticias web

25/02/2021