CRTVG

Buscar

Comeza a colleita da faba de Lourenzá con boas perspectivas

Publicado o 14/09/2021 20:36

Un ano máis, non lembra xa cantos, Mari Carmen inicia a colleita da faba en Lourenzá. É unha das primeira produtoras en iniciar unha campaña para a que teñen boas perspectivas.

O ano pasado recolleron case 5.000 kilos. Hoxe teñen ainda pouca porque a chuvia obrigounas a parar, xa que a faba non pode mollarse. Din que é un traballo totalmente artesán para lograr un produto diferenciado.

Na indicación xeográfica protexida agardan unha boa campaña en cantidade e tamén en calidade, unha calidade que lles abre cada vez máis mercados.

Está previsto que a campaña se prolongue ata o vindeiro mes de novembro.

Noticias web

14/09/2021