CRTVG

Buscar

Comeza a campaña Reciclaxe no Camiño

Publicado o 11/06/2019 15:01


Os peregrinos das rutas xacobeas depositaron o ano pasado 146.000 toneladas de envases nos contedores de plástico ou papel postos por Ecoembes e a Xunta en albergues dos camiños francés, do norte e portugués. Foi un 45% máis que en 2017. Este ano estendese a campaña ao camiño inglñes, e hai en total 222 albergues colaboradores.

"Axúdannos a reforzar ano a ano un proxecto co que queremos aproveitar a gran forza do Camiño de Santiago, impulsar unha cultura, a cultura da reciclaxe", di Angeles Vázquez, conselleira do Medio Ambiente


Xunta e Ecoembes consideran moi positivo o incremento na reciclaxe do ano pasado, e confían con estas campañas en chegar ao 100% .

"Estamos preparados para recibir miles de peregrinos esta primavera, verán e outono, e, sobre todo, estamos preparados para un fito fundamental que é o ano 2021", sinala a conselleira.

Os peregrinos poden coller nos albergues bolsas reutilizables para gardar o lixo mentres camiñan. Tamén alí poden selar a ecocompostela, e cada vez que amosen tres selos nas redes sociais, Ecoembes plantará un carballo nalgún lugar de Galicia.
 

Noticias web

11/06/2019