CRTVG

Buscar

Comeza a campaña extractiva da centola e do boi na Coruña e Pontevedra

Publicado o 08/11/2020 21:25

No Grove este domingo saíu ao mar toda a frota de baixura que captura centolas e bois, coma o resto dos mariñeiros desde cabo Corrubedo a Estaca de Bares. Porque no litoral da Coruña e Pontevedra remata a veda e o luns xa se poxará este marisco nas lonxas. Cada tripulante ten unha cota de 35 quilos. No ano da pandemia, o que preocupa ao sector é que en moitos lugares a hostalaría permaneza pechada.

Só no Grove unhas trescentas familias viven en parte da centola e do boi. Ata o Nadal e Reis quedan case dez semanas de traballo. O que capturen neste mes, mentres en Galica estean pechados os restaurantes de 60 concellos, irá case todo para fóra, para Madrid, onde si estan abertos. Coma para moitos sectores, a rendibilidade económica dependerá da campaña do Nadal

Na costa de Lugo a campaña iniciarase o 30 de novembro.

Noticias web

08/11/2020