CRTVG

Buscar

Comeza a campaña do referendo

Publicado o 14/09/2017 14:33

Hoxe todas as olladas volven dirixirse cara a aló, porque, en poucas horas, ás doce desta noite, comeza unha campaña para pedir o si nun referendo que continúa sendo ilegal. 

As olladas volven estar centradas no que aconteza nun día. Un día máis Cataluña é o outro tema da xornada. O Goberno está disposto a lles pedir aos xuíces que ordenen cortes no subministro eléctrico naqueles lugares que a Generalitat de Cataluña habilite para votar o 1 de outubro no referendo independentista. A medida vai en sintonía coa orde da Fiscalía de que os Mossos requisen todo o material relacionado coa votación, cuxa campaña comeza esta noite malia estar ilegalizada. Tamén Correos lles deu orde aos seus empregados de non tramitaren a documentación do referendo. Pola súa banda, a Policía Nacional busca voluntarios en distintas xefaturas provinciais para reforzar o dispositivo de seguridade en Cataluña ese día.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2017