CRTVG

Buscar

Comeza a campaña do kiwi no Salnés e no Baixo Miño

Publicado o 06/11/2019 14:06

Comezou a recollida do kiwi, que se presenta regular en canto a cantidade por culpa das sarabiadas que houbo no mes de abril. Non obstante, o tamaño dos froitos é maior e a súa calidade boa.

Ao kiwi inflúelle o tempo que haxa na floración. Se chove ou hai temperaturas baixas, a produción resíntese. Unha bacteria está a afectar a colleita no Salnés, pero este ano non é o factor máis limitante en canto a produción.

A campaña durará tres semanas máis e nesta coperativa e contrataron 40 xornaleiros para recoller o kiwi.

O 90% do kiwi que se recolle en Tomiño véndese no mercado estatal.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2019