CRTVG

Buscar

Comeza a campaña de vieira en Rianxo cun tope de 1.000 quilos diarios

Publicado o 06/03/2019 21:29

A confraría de Rianxo comezou hoxe a campaña da vieira. A Xunta autorizoulles 8 días para traballar cun tope de 1.000 quilos diarios. Os mariñeiros cren que é un bo incentivo nun momento en que non hai moitas especies rendibles.

Son as primeiras vieiras que se descargan no porto de Rianxo. A confraría levaba tempo querendo extraer este molusco da Arousa. Agora a Xunta autorizoulles un plan de explotación de oito días. Con esta decisión remata o monopolio que tiña ata o momento a confraría de Cambados. 

Na primeira xornada de campaña participaron 14 embarcacións. Para os mariñeiros esta é unha boa maneira de compensar unha época menos rendible noutras especies.

A confraría de Rianxo conta con seguir extraendo vieira para a próxima campaña, sobre todo porque hai varias empresas interesadas en eviscerar o produto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/03/2019