CRTVG

Buscar

Bos días

Comeza a campaña de pesca da anguía no río Ulla

Publicado o 20/02/2014 10:05


A campaña da anguía no río Ulla xa comezou. Aínda que na zona de mar os pescadores xa están traballando dende principios de mes, agora pódeno facer ata as ribeiras de Catoira.

Coa publicación no Diario Oficial de Galicia, a campaña de pesca da anguía botaba a andar onte no río Ulla, campaña que abrangue as zonas dende Catoira ata o esteiro do río, xa no Carril. Hai 16 embarcacións autorizadas que poderán capturar ata un global de 5.176 quilos en toda a tempada. As augas avoltas do río por mor dos temporais poden favorecer as capturas este ano.

Dende principios de mes xa está autorizada a captura da anguía na zona de mar, que está a ser satisfactoria.

O prezo do produto adoita ser estable, e pode acadar cotizacións de ata 12 euros o quilo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

20/02/2014