Comeza a campaña de libre marisqueo na ría de Arousa
Publicado o 19/10/2020 09:38
Arranca a campaña de libre marisqueo na ría de Arousa. Máis de 1.300 embarcacións de 12 confrarías diferentes volven traballar esta mañá.
Millán, presidente de rañeiros da ría de Arousa, explica que as expectativas non son moi boas. "É unha campaña atípica e hai incerteza co que vaia pasar na lonxa, con como van ir os prezos. A campaña de verán foi moi boa con moi bos prezos, agora co libre marisqueo son zonas diferentes".
A campaña comeza hoxe e acabará en marzo. Se as cosas van ben poderíase ampliar ata abril.
"Esperamos poder seguir traballando e que a situación da covid−19 non faga que todo peche porque é moita xente a que depende do libre marisqueo", explica o presidente de rañeiros da ría e Arousa.