CRTVG

Buscar

Comeza a campaña de control de acceso a praia das Catedrais

Publicado o 02/07/2019 14:17

Dende onte só se pode acceder á praia das Catedrais, en Ribadeo, con pase. Entrou en vigor unha nova campaña do plan de control de acceso a este monumento natural.

Ata o 31 de setembro limítase a entrada a 4.812 persoas diarias. Os pases, que son de balde, poden solicitarse na web da Xunta. Tamén se ofrece o servizo de visitas guiadas gratuitas.

Persoal da Xunta informará a pé de praia sobre as zonas onde hai riscos de desprendementos. Unha información que tamén se reforzou xa para a Semana Santa coa instalación de novos carteis de perigo.


 

Noticias web

02/07/2019