CRTVG

Buscar

Comeza a campaña de ameixa e berberecho en Muros

Publicado o 01/04/2019 15:39

Arredor de 80 lanchas saíron hoxe a mariscar nas zonas de Abelleira e A Virxe, en Muros, no primeiro día da campaña de berberecho e ameixa, tanto babosa coma fina, xapónica, rubia, carneiro ou ameixón. Despois de tres horas no mar, de nove da mañá a doce do mediodía, a maioría chegaron descontentos á lonxa de Muros.

Algúns acadaron as cotas máximas establecidas pola confraría para as dintintas especies, pero outros mesmo pensan en abandonar.

A campaña durará todo o mes de abril. O ano pasado capturarónse nestas datas uns 5.150 quilos de ameixa e 500 de berberecho.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/04/2019