CRTVG

Buscar

Comeza a campaña da vieira

Publicado o 27/11/2019 14:34

Non deran aínda as once da mañá e os 19 barcos da frota de vieira de Cambados xa descargara na lonxa os 1.000 quilos de tope diario autorizados.

Este ano hai dous plans diferentes de explotación da vieira na ría. Ao plan deseñado pola confraría e a comercializadora Porto de Cambados, que comezou o luns, sumóuselle, a partir de hoxe, o que lle foi autorizado á confraría de Rianxo coa comercializadora Veiro, e non hai un bo clima na zona.

A vieira, tanto nun coma noutro caso, estáselles pagando aos mariñeiros a 5 euros con 50 céntimos o quilo. De cara ao Nadal prevén incrementar as capturas.

Noticias web

27/11/2019