CRTVG

Buscar

Comeza a campaña da gripe en Galicia e os sanitarios son os primeiros en vacinarse

Publicado o 18/10/2021 08:26

• A Xunta adquiriu máis de 885.000 doses para distribuír en 900 puntos | En Vigo xa hai dous casos da gripe confirmados

Comeza a campaña da gripe. Hoxe é a quenda dos sanitarios, os que están máis expostos, e o vindeiro luns vaise estender a maiores de 65 anos e persoal de residencias. Campaña crucial a deste ano, xa que é unha incógnita con que  forza vai entrar a gripe, despois dun inverno cun único contaxio. Este ano empeza distinto: en Vigo, xa hai confirmados dous casos. 

A partir do 25 de outubro será a quenda das persoas de 65 e máis anos e persoas en centros ou residencias. Desde o 15 de novembro vacinaranse ás persoas de 60 a 64 anos, maiores de 60 con patoloxías de risco, embarazadas e prematuros de ata dous anos e persoal de servizos esenciais e farmacias. Por último, desde o 29 de novembro continuarase co resto da poboación diana sen vacinar e conviventes con persoas de risco.

A Xunta de Galicia destina preto de 5,3 millóns de euros que permitirán adquirir máis de 885.00 doses, que serán distribuidas nos máis de 900 puntos de vacinación despregados, entre centros de saúde, hospitais e residencias.

Noticias web

18/10/2021