CRTVG

Buscar

Comeza a campaña 'Cada neno un xoguete', con centos de voluntarios

Publicado o 20/12/2020 14:21

Os voluntarios desta campaña do Nadal levan xa dous meses traballando arreo para que estes xoguetes, novos e reciclados, cheguen este ano a milleiros de fogares.

Aqueles xoguetes que merecen unha segunda oportunidade pasan por un protocolo estrito de limpeza. Xa o pasaban todos os anos, pero este, o da pandemia, é moito máis rigoroso.

Desinfección e moito agarimo para deixar os xoguetes listos para a súa entrega. Por seguridade este ano, non recollen nin peluches nin libros. Aínda así, as súas maxestades teñen todo este almacén onde escoller.

Un gran traballo que non sería posible sen eles. É dicir, todas as persoas que se achegan por aquí para colaborar dun e doutro xeito.

Saben que este foi un ano difícil, tamén para os máis pequenos e pequenas da casa. Así que, todo está listo, para que na noite do 24 e tamén na do 5 de xaneiro todas esas cartas e peticións poidan chegar aos que máis o necesitan.

Noticias web

20/12/2020