CRTVG

Buscar

Comeza a ASOBAL para o Cangas e o Cisne

Publicado o 08/09/2020 17:22

O Frigoríficos do Morrazo ten o récord do balonmán galego: suma 21 temporadas na elite. Debuta aí o Dicsa Cisne, con todos os xogadores galegos e con casos como os de Pablo Picallo, 24 anos no club

Pablo Picallo. Dicsa Balonmano Cisne

Son dous equipos coa permanencia como obxectivo. O Frigoríficos fichou catro xogadores. Moita xuventude.

O Cisne comeza coa única novidade de Carlos Pombo.

A Federación Española suspendeu a semana pasada os dous primeiros partidos de liga. Nada cambiou no protocolo sanitario, pero esta noite abre a Liga Asobal.

É a aperura da liga de balonmán, a primeira competición de equipos que comeza no deporte español. Hoxe, en Cangas, cun Gatañal medio espido, Frigoríficos do Morrazo contra o EuroBidasoa de Julen Aguinagalde. Mañá o Cisne, en Granollers

Noticias web

08/09/2020