CRTVG

Buscar

Comesaña prevé novos pasos cara á normalidade nas vindeiras semanas

Publicado o 01/06/2021 15:10

O comité clínico que asesora ao Sergas reunirase esta tarde, aínda que non se agarda que tome decisións importantes para toda Galicia; limitarase a analizar a situación dos concellos.

O conselleiro de Sanidade explica que só pasaron sete días desde que se acordaron novas aperturas e que hai que agardar para aliviar restricións como o límite nas reunións de persoas non conviventes, que se prevé eliminar nas próximas semanas.

"Levamos unhas semanas con estas novas medidas e manterémolas un pouco máis. E en función da situación epidemiolóxica, que afortunadamente segue baixando, formularemos de cara ás vindeiras semanas novas actualizacións para ir permitindo recuperar pouco a pouco esa normalidade tan ansiada por todos", afirma Julio García Comsesaña.

Noticias web

01/06/2021