CRTVG

Buscar

Comesaña defende a retirada da máscara nalgúns contextos, pero non prevé que sexa inmediata

Publicado o 19/05/2021 12:32

O debate sobre a retirada da máscara en espacios exteriores está sobre a mesa desde hai varios días. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, cre que sería posible nalgúns contextos, pero non prevé unha decisión inmediata.

Asegurouno este mércores en Vigo, durante unha visita ao hospital Álvaro Cunqueiro. "É certo que nalgunhas situacións fóra, paseando polo monte, como nalgún parque forestal como os que temos aquí ao redor, parece que ten sentido non ter que levar a máscara", dixo o conslleiro.

"Iso comentouse no comité clínico. Non creo que hoxe se tome esa decisión aínda, pero é unha das cuestións que están enriba da mesa", concluíu Comesaña.

Noticias web

19/05/2021