CRTVG

Buscar

Comercultura fará posible que máis de 500 familias necesitadas reciban alimentos e libros

Publicado o 23/04/2020 14:35

Máis de 500 libros serán entregados a domicilio en Vigo. Acompañarán as comidas que se reparten cada día a familias sen recursos, elaboradas no albergue municipal e no comedor da Esperanza. Letras e fantasía, a mellor das sobremesas para este día.

É unha inicativa de dezaoito restaurantes da cidade agrupados no Vigo Gastronómico en que a Editorial Galaxia pon os libros e o Concello de Vigo unha loxística que tamén chegará a nenos e nenas en acollida.

É a mensaxe da libraría Paz, de Pontevedra, que quere estar cerca dos seus clientes e hoxe.

Queda moito por ler e os libros poden converterse no mellor xeito de evadirse do confinamento.

Noticias web

23/04/2020