Comercio e hostalería perden boa parte da clientela co peche perimetral de Santiago
A revisión das restricións nos concellos galegos por mor da covid volve afectar a Santiago que de novo se ve sometida ao peche perimetral.
E esta vez é un peche individual, co que afasta da cidade precisamente nestas datas a poboación dos concellos limítrofes que, en boa medida, compra en Santiago.
Coa campaña de Nadal no seu apoxeo, o peche de Santiago supón un novo golpe para o comercio. Porque desta vez o peche é máis severo, xa que non permite a mobilidade entre a capital e os concellos limítrofes dos que se nutren en boa medida.
Na hostalería, ao peche engádenlle unha baixada da ocupación permitida.
Tanto no comercio coma na hostalería van notar moito a falta dos seus clientes de Teo, Ames e Brión, entre outros.
Todos eles entenden que se trata da saúde, pero esperan con ansiedade a seguinte revisión das restricións en Santiago.