CRTVG

Buscar

Comerciantes e veciños lanzan unha campaña para revitalizar a Cidade Vella da Coruña

Publicado o 20/08/2019 14:39

Aproveitando que neste mes de agosto a Fonte dos Desexos, a protagonista desta praza da Azcárraga, cumpre 123 anos, unha nova asociación de veciños e comerciantes da Cidade Vella da Coruña está a organizar unha serie de eventos que se prolongrán ata o próximo domingo. "É unha disculpa moi boa porque así podemos mesturar temas culturais cos lúdicos", di Pablo Día, secretario da AVEC. "A Cidade Vella está durmida", lamena Pablo Gallego. Vogal da asociación.

Con todas estas actividades queren dinamizar o casco histórico coruñés que consideran abandonado. Con todo, rssidentes e empresarios doutras asociacións existentes na Cidade Vella desde hai xa corenta anos cren que para revitalizar toda esta zona hai que levar a cabo outra serie de proxectos. "A nosa visión de revitalización pasa por rehabilitar vivendas xa que o 34 por cento delas están baleiras" di Pedro Fernández Roque, presidente da Asociación de Veciños da Cidade Vella e María Pita.

Cada quen ten as súas ideas, pero todos cun obxectivo común: encher de vida, e canto antes, á Cidade Vella herculina.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/08/2019