Comerciantes e hostaleiros lusos confían en que as novas medidas animen o consumo
Publicado o 24/09/2021 14:25
Comerciantes e hostaleiros lusos das vilas fronteirizas con Galicia confían en que as novas medidas que se aplicarán a partir do 1 de outubro animen o consumo. Xa non será necesario presentar o certificado de vacinación ou un test negativo para acceder a hoteis ou restaurantes.
Tamén se relaxa o uso da máscara en interiores, que deixa de ser obligatoria tamén nos comercios, cafés ou discotecas. Nestas últimas polo momento si será necesario presentalo cerficado ou un test.
Portugal elimina as limitacións de horarios e capacidade cando preto do 85 % da súa poboación ten a pauta completa de vacinación.