CRTVG

Buscar

Comerciantes de Redondela dan as grazas nos escaparates

Publicado o 19/11/2020 13:36

Todo comezou no negocio de Luísa, que quixo agradecer aos seus clientes a boa acollida cando volveron abrir as súas portas tras o peche da pandemia. A idea causou furor entre a maioría do comercios da vila. A primeira, a súa compañeira Miriam.

A segunda en apuntarse foi a responsable da tenda do lado, pero non a única.

Transmitir optimismo e gratitude non é tan difícil, se todos facemos un pequeno esforzo, e iso é o que conseguiron os comerciantes da vila: xerar unha canle de enerxía positiva entre todos.

Todos son conscientes da importancia que ten que as nosas rúas e vilas sigan tendo vida e xerando emprego para que as nosas cidades non se convertan en cidades dormitorio sen escaparates e sen xente.

Noticias web

19/11/2020