CRTVG

Buscar

Comerciantes da alameda do Carballiño quéixanse das molestias que lles ocasionan as obras do parque infantil

Publicado o 25/09/2019 13:47

Comerciantes da alameda do Carballiño quéixanse das molestias que lles ocasionan as obras do parque infantil da zona. Aseguran que levan meses de atraso e que acabaron por influír na afluencia de xente aos seus negocios. Os afectados entregaron onte unha trintena de sinaturas no concello coas que reclaman que os traballos rematen canto antes.

Son as obras da discordia. Comezaron hai seis meses co obxectivo de renovar a zona de xogos para os nenos na Alameda, pero un traballo que debería ter rematado antes do verán segue acumulando atrasos.

Lembran, ademais, que o da alameda é o único parque infantil que hai no centro da vila. Os inconvenientes para os veciños e os comerciantes, din, son cada vez máis evidentes.

Ante a falta de respostas, os comerciantes presentaron ante o Concello unha trintena de sinaturas dos negocios afectados coas que reclaman unha solución e o remate dos traballos.

Dende o concello do Carballiño apuntan que está previsto que as obras rematen a finais do mes de outubro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/09/2019

Máis sobre o carballiño